rgb_naranja_gallego

 

Concurso de Fotografía e Matemáticas

“Matemáticas cun clic”

Resolución

Bases

Introdución

A fotografía é un recurso de aprendizaxe de primeira orde, así como unha potente ferramenta divulgativa. As fotografías facilitan a visualización dos conceptos e resultados matemáticos, son unha forma de achegar as matemáticas ás persoas e teñen unha compoñente emocional moi forte. Isto comprobárono aquelas Sociedades de Profesores que viñeron convocando concursos desde a década dos 80 do pasado século. Afortunadamente, hoxe en día os medios para poder realizar fotografías están ao alcance de todas as persoas, en particular, do alumnado, o cal facilita a súa implicación neste tipo de actividades. Por todo iso, o proxecto “Marzo, mes das matemáticas”, organizado pola rede de divulgación Dima en colaboración coa Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), a Red Estratégica en Matemáticas (REM), a Real Sociedad Matemática Española (RSME), a Sociedad Española de Matemática Aplicada (SEMA), a Societat Catalana de Matemàtiques (SCM), a Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO), a Federación Española de Profesores de Matemáticas (FEPM), as empresas Casio, Fred Olsen e Hotel Jardín Tecina, co apoio e colaboración de gran parte da comunidade matemática española propuxo entre as súas actividades a organización dun concurso estatal de fotografía matemática dirixido a ESTUDANTES DO ENSINO SECUNDARIO OBRIGATORIO de todo o Estado español. Rexerase polas seguintes bases que pretendemos que sexan de fácil execución para estimular a participación. Facemos un chamamento especial ao profesorado para que animen ao seu alumnado para concorrer e beneficiarse deste recurso de aprendizaxe.

BASES

1.- CONCURSANTES: poderá participar todo o alumnado matriculado no ENSINO SECUNDARIO OBRIGATORIO (ESO) en calquera centro educativo do Estado español.

2.- OBXECTIVO E FORMATO: cada participante pode presentar ata dúas fotografías que obrigatoriamente han de acompañarse de:

a) Un título relacionado con calquera idea matemática.

b) Os datos identificadores do autor ou autora: nome completo, correo electrónico, teléfono de contacto, nivel educativo (1º, 2º, 3º e 4º ESO) e centro educativo no que estuda (nome e correo electrónico).

O formato das fotografías deberá ser dixital JPG (tamaño entre 1 e 2 MB).

As fotografías deberán ser orixinais e inéditas e non poderán ser premiadas en ningún outro concurso, nin poderán ser presentadas a ningún outro concurso mentres este permaneza aberto.

3.- Serán criterios de valoración tanto a idea matemática recollida na imaxe como o título que se lle adxudique e a calidade técnica e artística.

4.- PRAZOS DE ENTREGA E DECISIÓN DO XURADO

a) As persoas participantes deben remitir as súas fotografías ao correo electrónico marzomates@ull.edu.es desde o 16 de novembro de 2020 ata o 6 de febreiro de 2021 (inclusive).

b) As fotografías remitidas distribuiranse entre os 10 nodos do proxecto “Marzo, mes das matemáticas”. Un xurado nomeado para o efecto en cada nodo seleccionará 15 fotografías que serán remitidas ao xurado xeral do concurso antes do día 20 de febreiro de 2021.

c) Un xurado estatal designado polo proxecto “Marzo, mes das matemáticas” seleccionará as 15 fotografías que serán premiadas. A súa decisión será inapelable.

5.- Fallo do Xurado: farase público o día 14 de marzo de 2021.

6.- PREMIOS Cada persoa premiada a nivel estatal recibirá:

a) Un diploma acreditativo.

b) Material divulgativo e tecnolóxico.

c) Entre as 15 persoas finalistas sortearase unha estancia para dúas persoas dunha semana na illa de La Gomera.

7.- A participación neste concurso implica a aceptación expresa de todas as condicións destas BASES. Calquera caso non previsto nelas será resolto polo xurado estatal.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

A organización do concurso (proxecto Marzo, mes das matemáticas) resérvase o dereito de publicación, se o estima oportuno, das 15 fotografías premiadas.

As persoas autoras das fotografías garanten o uso pacífico das imaxes cedidas, así como que non prexudican nin lesionan dereito algún de terceiras persoas. Enténdense cedidos cantos dereitos de propiedade intelectual e industrial son necesarios para o cumprimento e desenvolvemento das presentes bases.

En cumprimento da lei, non se admitirán fotografías nas que se poida identificar unha persoa menor de idade se non se presenta a autorización expresa dos seus pais ou titores legais.

Coa colaboración de:

En colaboración con:

Fred. Olsen Express-alta (1)       Hotel Jardín Tecina-alta (1)             1200px-Casio_logo.svgClean Work Place Blog Banner